A vocación de servizo do noso traballo débese de basear na profesionalidade, a honestidade e o trato personalizado.
Avogada colaboradora
Colexiada co n.º 3102 do Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela.
Grao en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela
Máster Universitario en Avogacía pola Escola de Práctica Xurídica pertencente á Universidade de Santiago de Compostela
Avogada exercente especializada en dereito de consumo e dereito bancario, asesora e defende a clientes en procedementos xudiciais da xurisdición civil, laboral e administrativo. Titular dun blogue de carácter xurídico dirixido tanto a particulares como a profesionais, cuxa consulta é recomendada por universidades estatais aos alumnos das súas respectivas facultades de dereito, sendo mencionado en diversos Traballos de Fin de Grao.