Astrid Seijas Salinas

Qui iure suo utitur neminenm laedit – Quen exercita o seu dereito non dana a ninguén.

Astrid

Astrid Seijas Salinas

Avogada colaboradora e mediadora

Formación Académica

Grao en Dereito e Máster Universitario en Avogacía pola Universidade de Santiago de Compostela.

Formación especializada en mediación en asuntos civís e mercantís, en dereito bancario e tarxetas revolving e en dereito de estranxeiría.

 

 

 

 

 

Experiencia

Apaixonada pola defensa dos dereitos dos consumidores e dos traballadores, inicia a súa carreira profesional desempeñándose en tarefas de asesoría xurídica no concello de Ordes e no concello de Ames. Posteriormente pasou a perfeccionar a súa formación como avogada nun dos despachos de referencia no campo do dereito bancario de Galicia.

Na actualidade desempeña a súa labor como avogada e mediadora, intervindo en asuntos e procedementos civís, bancarios, laborais e de estranxeiría, especialmente en materia de emigrantes retornados e traballadores no estranxeiro.

Presta asesoría xurídica a autónomos, PEMES e empresas, está inscrita no Rexistro de Mediadores do Ministerio de Xustiza e é parte da Comisión de Reforma Estatutaria do Ilustre Colexio de Avogados de Lanzarote.

A súa actividade profesional desenvólvese de forma totalmente bilingüe, prestando servizos xurídicos a clientes estranxeiros en lingua inglesa.