Andrés Tenreiro Casas

O avogado é o único ser humano que pregunta o que xa sabe e evita a resposta do que dubida.

Andrés

Andrés Tenreiro Casas

Avogado colaborador

Formación Académica

Grao en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e Máster Universitario en Avogacía pola Escola de Práctica Xurídica de Santiago de Compostela.

Certificado para a Atención Xurídica ás Vítimas de Violencia de Xénero emitido polo Consello da Avogacía Galega.

Certificado para a Asistencia Xurídica na Quenda de Oficio de Estranxeiría emitido polo Ilustre Colexio Provincial de Avogados da Coruña.

Certificado de Inglés – Nivel Intermedio emitido por Cambridge.

 

 

Experiencia

Compaxinou a súa formación académica na Universidade de Santiago de Compostela con distintas colaboracións nunha consultora internacional experta en comunicación e interacción de grupos e organizacións para desenvolver estratexias e accións de comunicación, ademais da realización de prácticas curriculares no Instituto Galego do Consumo e da Competencia e nos Xulgados de Primeira Instancia de Santiago de Compostela.

Rematada a súa formación, inicia o exercicio da avogacía como pasante nun despacho con sede na capital galega, chegando a afianzarse finalmente como asesor legal de diversas multinacionais; elaborando ditames xurídicos no dereito comparado de España, Europa e Latinoamérica; así como o exercicio da profesión de avogado en procedementos civís e penais.