Actualidad

Manténgase informado

devolucion centimo sanitario

As 9 respostas que debemos coñecer sobre o céntimo sanitario

1.- Que é o céntimo sanitario?

É o nome co que se coñece ao Imposto sobre as Vendas polo Miúdo de Determinados Hidrocarburos (en diante, IVMDH), polo cal se gravaba, en fase única, as vendas minoristas de determinados hidrocarburos (basicamente as gasolinas, o gasóleo, o fuelóleo e o queroseno non utilizado como combustible de calefacción). Estivo vixente no noso ordenamento entre o 1 de xaneiro de 2002 e o 31 de decembro de 2012. Constaba dun tipo de gravame estatal e dun tipo de gravame autonómico que se aplicou en todas as comunidades autónomas salvo no País Vasco, La Rioja, Aragón, Canarias e nas cidades autónomas de Ceuta e Melilla.

2.- Quen declarou a ilegalidade do IVMDH?

O Tribunal de Xustiza da Unión Europea (en diante, TJUE), na súa Sentenza do 27 de febreiro de 2014, declarou a ilegalidade do “céntimo sanitario” porque considera que este imposto incumpre a normativa europea en materia de fiscalidade e máis en concreto, a Directiva sobre Impostos Especiais.

3.- Cales foron os tipos de gravame do céntimo sanitario?

Dependendo da comunidade autónoma, o IVMDH oscilou entre 1,2 e 4,8 céntimos por litro de carburante, existindo ademais, distintas evolucións en función do período impositivo.

4.- Cal é o procedemento para recuperar o IVMDH?

Non existe un único procedemento para recuperar as cantidades indebidamente soportadas. O procedemento idóneo hase de determinar de forma individualizada en función dos períodos que se reclaman ou as circunstancias tributarias individuais de cada interesado.

5.- Quen poden instar a recuperación do céntimo sanitario?

A recuperación pódese levar a cabo tanto polos obrigados a soportar a repercusión do imposto (repercutidos) como polos que presentaron as autoliquidacións (suxeitos pasivos), segundo o procedemento polo que se opte.

6.- Que documentación é necesaria para reclamar o IVMDH?

É suficiente calquera medio de proba en que conste claramente o produto adquirido e a contía, sempre que se consigne de forma separada da cota do imposto ou se tería autorizado a repercusión deste dentro do prezo global, se ben existen obrigas específicas en función da condición do repercutido, as circunstancias e o importe da operación (en xeral, facturas e tíckets).

7.- Cales son os prazos para reclamar o céntimo sanitario?

As cantidades correspondentes a períodos anteriores ao ano 2010 só se poden reclamar ata o 27 de febreiro de 2015, mentres que os importes posteriores estarían suxeitos ao prazo xeral de 4 anos de prescrición.

8.- As cantidades recuperadas xeran intereses?

Xérase dereito a uns intereses que oscilan entre o 3,75 e o 5,5 por cento, con posibilidade de que se incrementen nun 25% en función do período e o procedemento.

 9.- Que consumo é necesario para que compense reclamar?

ClaimLoyaltySociety 

Comments are closed.