Dereito Procesual e Arbitraxe

A Área de Procesual e Arbitraxe de claim&loyaltySociety presta asesoramento ante situacións de conflito de natureza civil e mercantil. Segundo o tipo de asunto, o traballo organízase creando equipos multidisciplinares. Ademais dos mellores especialistas en Dereito procesual e arbitraxe, en cada caso intervén algún dos principais expertos na materia substantiva que se debata (en moitas ocasións, avogados doutros grupos de práctica do Despacho). O propósito é achegar valor engadido aos clientes en cada negociación, en cada preito, en cada arbitraxe.

Constitúe unha prioridade de claim&loyaltySociety coñecer as singularidades de cada sector de actividade empresarial: banca e finanzas, telecomunicacións, enerxía, infraestruturas, construción, inmobiliario, bens de consumo ou farmacéutico, entre outros. Ese particular entendemento das necesidades e preocupacións do cliente permite que os avogados da firma poidan apreciar en toda a súa extensión as dimensións de cada conflito e, en último termo, achégalles unha vantaxe competitiva moi apreciada nacional e internacionalmente.

  • Arbitraxes
    • Ad hoc
    • Administrados polas principais cortes de arbitraxe

 

  • Accións de responsabilidade e indemnizacións
    • Responsabilidade contractual e extracontractual. Responsabilidade civil
    • Responsabilidade por produto
    • Responsabilidade profesional, incluída a sanitaria

 

  • Conflitos societarios
    • Conflitos entre accionistas
    • Execución de pactos parasociais
    • Accións de responsabilidade contra os administradores
    • Impugnación de acordos sociais e decisións do Consello de Administración

 

  • Contratos civís y mercantís
    • Arrendamentos urbanos e propiedade horizontal
    • Condicións xerais da contratación
    • Contratos de axencia, distribución, concesión e franquías
    • Procedementos de resolución e rescisión contractual
    • Procedementos sobre validez, interpretación e execución de contratos civís e mercantís
    • Propiedade, posesión, transmisión e administración de bens inmobles
    • Reclamacións de cantidade

 

  • Procesos de execución
    • Execución en España de resolucións xudiciais e arbitrais extranxeiras
    • Garantías personais e reais
    • Letras de cambio, cheques e pagarés
    • Títulos xudiciais
    • Procedementos monitorio e cambiario

 

  • Procesos en materia de derechos fundamentales y Derecho sucesorio
    • Infracción dos dereitos á honra, intimidade e a propia imaxe
    • Determinación e integración do caudal hereditario, impugnación de disposicións testamentarias e partición de herdanza

 

  • Asesoramento permanente