claim&loyaltySociety

claim&loyaltySociety é unha firma que ofrece servizos xurídicos especializados tanto a institucións coma a empresas e particulares, adaptándose ás necesidades de cada problemática xurídica, ofrecendo un servizo de calidade, baixo os principios de eficacia, eficiencia e excelencia profesional.

claim&loyaltySociety engade o máximo valor á prestación de servizos xurídicos

A especialidade, a atención personalizada e o coñecemento do ordenamento xurídico internacional, nacional e autonómico son valores que caracterizan a actuación profesional da firma e a identifican no mercado de servizos xurídicos.

claim&loyaltySociety apostou dende os seus inicios pola captación e retención do talento, así como pola formación continua mediante plans establecidos para tal efecto, ao obxecto de ofrecer un alto grao de compromiso co cliente e facer partícipes os seus membros en cada problema xurídico, tanto persoal, coma empresarial ou institucional.

claim&loyaltySociety está orgullosa do talento do seu equipo e fai que todos os seus profesionais tamén o estean de formar parte da firma

Co fin de satisfacer e achegarse a cada un dos seus clientes, claim&loyaltySociety pon á súa disposición un conxunto de instalacións innovadoras dotadas das últimas novidades tecnolóxicas, ofrecendo sedes propias en A Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, o que asegura unha maior efectividade, eficacia e eficiencia na prestación dos seus servizos. Así mesmo, a firma foise adaptando ao cambio constante no mundo dos negocios e, coa finalidade de encontrar as solucións xurídicas máis axeitadas en cada momento, foi asinando distintos convenios con despachos ao longo de todo o territorio nacional, polo que na actualidade conta con profesionais colaboradores de todas as ramas científicas ao obxecto de ofrecer o servizo xurídico integral que a institución, a empresa e o particular necesitan en cada momento.

View Website