Directora do Departamento Procesual e Administrativo

A excelencia no servizo a prestar a cada cliente pasa pola nosa concepción da avogacía como vocación

jessica

Jessica Esperante Agra

Avogada
j.esperante@cls-abogados.com

Formación Académica

Licenciatura en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Máster Universitario en Avogacía pola Universidade de Santiago de Compostela. Título de Especialización en Avogacía, Procuradoría e Práctica Xurídica da Universidade de Santiago de Compostela -Programa Superior de Excelencia en Práctica Xurídica-. Idiomas: Castelán, Galego, Portugués, Inglés e Francés.

Especialización

Directora do Departamento Procesual e Administrativo, é especialista en Dereito Procesual e Administrativo e desenvolve a súa carreira profesional dirixindo e coordinando a actividade xurídico-procesual de claim&loyaltySociety, defendendo directamente ante as distintas ordes xurisdiccionais de todo o territorio nacional os intereses das persoas, empresas e institucións que requiren dos servizos da firma.

 

Experiencia

Con anterioridade á súa incorporación como Socia Directora en claim&loyaltySociety iniciou a súa carreira profesional como procesalista vinculada á xestión procesual e administrativa dos xulgados e tribunais españois, acreditando experiencia tanto no Xulgado de Instancia número 3 de Santiago de Compostela, como en asesorías xurídicas de distintos entes administrativos como a Universidade de Santiago de Compostela ou o departamento de urbanismo do Concello de Rois.

A súa carreira profesional estivo vinculada a un dos bufetes de maior recoñecemento en Galicia, intervindo e actuando en todo tipo de procedementos e tribunais ante as distintas ordes xurisdiccionais en todo o territorio nacional.

Especialmente comprometida coas distintas contornas sociais, destaca o seu labor en relación coa Lei de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás Persoas en Situación de Dependencia, participando en distintos foros, círculos e conferencias.