Director do Departamento de Dereito de Empresa e Relacións Laborais

Retemos o talento xuntando tradición e excelencia académica, con eficiencia e adaptación ás necesidades xurídicas de cada cliente

jose

José Manuel Esperante Agra

Avogado
jm.esperante@cls-abogados.com

Formación Académica

Licenciatura en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Título de Especialización en Avogacía, Procuradoría e Práctica Xurídica da Universidade de Santiago de Compostela. Certificado de Aptitude Profesional do Consello Xeral da Avogacía Española. Idiomas: Castelán, Galego, Inglés e Catalán.

Especialización

Director do Departamento de Dereito de Empresa e Relacións Laborais, é especialista nunha rama xurídica trasversal que abarca o coñecemento integral do ciclo de vida das entidades colectivas mercantís nas súas múltiples modalidades, atesourando un alto grao de especialización e capacidade resolutiva en materia fiscal, laboral, societaria, contratación mercantil, administrativa, civil, concursal e penal.

Experiencia

Con anterioridade á súa incorporación como Socio Director a claim&loyaltySociety iniciou a súa carreira profesional no ámbito do Dereito de Empresa e Relacións Laborais vinculado á Inspección de Traballo e Seguridade Social e a distintos entes administrativos e corporacións locais de Galicia.

Tras esa vinculación co sector público, desenvolveu a súa carreira profesional como avogado de empresa, prestando servizos por conta de dúas firmas xurídicas de recoñecido prestixio a nivel nacional e presenza internacional, participando en importantes operacións e transaccións nacionais e internacionais desde as oficinas de Madrid e, moi especialmente, de Barcelona, asesorando, asistindo e representando a grandes compañías nacionais e internacionais con implantación en España.

Ademais da súa participación en diferentes cursos, relatorios e conferencias, merece especial mención a súa intervención na implantación do Máster Universitario en Avogacía da Universidade de Santiago de Compostela, ao obxecto de adaptalo á Lei 34/2006, de 30 de outubro, sobre o acceso ás profesións de Avogado e Procurador dos Tribunais.