Dereito Penal

O Dereito Penal é o conxunto de disposicións xurídicas que regulan a potestade punitiva do Estado relacionando feitos estritamente determinados pola lei cunha pena, medida de seguridade ou corrección, como consecuencia de realizar un determinado acto. O seu obxectivo é o de asegurar os valores elementais para a sa convivencia dos individuos dunha sociedade. Este conxunto de normas xurídicas refírese sempre ao delincuente, ao delito e ás penas.

Pódese distinguir unha clasificación dentro do Dereito Penal: O Dereito Penal substantivo, e por outro lado, o Dereito Penal adxectivo ou Procesual penal.

O Dereito Penal substantivo é o que se coñece como código penal ou leis penais, e onde se encontran as normas promulgadas polo Estado, establecendo os delitos e as penas, mentres que o Dereito Procesual Penal é o conxunto de normas destinadas a establecer o modo de aplicación daquelas.

Cando está en xogo a liberdade, a honra e o patrimonio da persoa, os profesionais de claim&loyaltySociety ofrecen o mellor asesoramento, tendo en conta sempre que trazar unha liña de defensa dende o principio é fundamental para obter un resultado satisfactorio para os intereses do cliente.

  • Defensa
    • Defensa en xuízos penais
    • Defensa en xuízos con xurado
    • Defensa en xuízos de menores
    • Asistencia ao detido ante a Policía e nos Xulgados

  • Acusación
    • Acusación penal: denuncias e querelas
    • Acusación particular e acusación popular

  • Materias
    • Delitos económicos: apropiación indebida, estafa, falsidades, delitos societarios, branqueo de capitais, insolvencia punible ou falsificacións
    • Delitos contra a persoa: lesións, homicidio ou asasinato
    • Delitos de tráfico: alcoholemias, exceso de velocidade, condución sen carné, desobediencia á autoridade, condución temeraria e omisión do deber de socorro
    • Delitos contra o patrimonio: roubo, furto, receptación, danos, defraudacións
    • Delitos contra a saúde pública: tráfico de drogas e estupefacientes
    • Delitos administrativos e políticos: suborno, prevaricación, tráfico de influencias, malversación, fraudes, negociacións prohibidas, corrupción en custodia documental
    • Delitos contra a Facenda Pública: delito fiscal
    • Delitos de violencia doméstica
    • Delitos contra o medio e urbanísticos: contra a ordenación do territorio
    • Delitos contra o patrimonio histórico
    • Delitos de incendios
    • Delitos contra a liberdade: detención ilegal, secuestro, ameazas, coaccións, tortura e contra a integridade moral
    • Delitos contra a honra: calumnia e aldraxe
    • Delitos contra a seguridade social e o dereito dos traballadores
    • Delitos contra a liberdade sexual: agresión sexual, abuso sexual ou acoso sexual
    • Delitos contra a intimidade: descubrimento e revelación de segredos, violación de morada
    • Delitos contra os dereitos e deberes familiares: abandono de familia, non pagamento de pensións ou subtracción de menores
    • Delitos contra a propiedade intelectual e industrial
    • Delitos contra os estranxeiros
    • Delitos contra a administración de xustiza: prevaricación, encubrimento, acusación e denuncias falsas, simulación de delitos, falso testemuño, obstrución á xustiza, deslealdade profesional, quebrantamento de condena
    • Delitos contra a Constitución: contra as institucións de Estado, contra os dereitos fundamentais e liberdades públicas, labores por funcionarios
    • Delitos contra a orde pública: atentados contra a autoridade, resistencia e desobediencia, tenza, tráfico e depósito de armas
    • Usurpación de estado civil, de funcións públicas, intrusismo
    • Calquera outro delito
    • Faltas

  • Recursos

  • Tratamento da privación de liberdade
    • Petición de liberdade provisional
    • Petición de indultos
    • Solicitude do terceiro grao penitenciario
    • Solicitude da liberdade condicional