Dereito Mercantil e Societario

O Dereito mercantil é a rama do Dereito privado que regula o conxunto de normas relativas aos comerciais no exercicio da súa profesión, aos actos de comercio legalmente cualificados como tales e ás relacións xurídicas derivadas da realización destes. Isto é, en termos amplos, a rama do Dereito que regula o exercicio do comercio polos distintos operadores económicos no mercado.

O Departamento de mercantil de claim&loyaltySociety está considerado como un dos máis prestixiosos e con maior recoñecemento do sector xurídico galego. Os profesionais que integran a firma participaron en operacións de gran volume e complexidade técnica. Destaca a súa participación en operacións de private equity, capital risco e en fusións e adquisicións de empresas (incluíndo procedementos de due diligence), así como en todo tipo de operacións societarias.

Así mesmo, os servizos da firma engloban todas as funcións de asesoramento societario, preparación de escrituras de todo tipo de operacións societarias, funcións de secretaría e asistencia en consellos de administración e xuntas xerais así como a redacción dos acordos societarios correspondentes.

Dispoñen dunha práctica consolidada na redacción e negociación de contratos, así como na resolución das dúbidas ou consultas relativas á interpretación destes.

Adicionalmente a canto antecede, a prestación de servizos inclúe tamén o asesoramento no cumprimento da normativa reguladora de protección de datos, análise, revisión e mellora, se é o caso, dos ficheiros existentes, así como do documento de seguridade.

  • Dereito Societario
    • Constitución de sociedades (Sociedades Anónimas, Sociedades Limitadas, Sociedades Civís, Cooperativas, etc.), filiais e sucursais
    • Reformas e adaptacións estatutarias
    • Asistencia a secretarías de Consello
    • Reestruturacións empresariais
    • Obrigas e responsabilidade de accionistas, socios e administradores ou conselleiros
    • Acordos sociais
    • Ampliación e redución de capital

 

  • Contratación mercantil
    • Contratos comerciais, axencia, comisión, mandato, mediación mercantil, distribución, franquía e subministración
    • Licenzas e contratos de outsourcing, engineering e factoring
    • Contratos de obra e industria, ou de servizos
    • Garantías reais e persoais
    • Contratos asociativos
    • Contratos de fretamento, leasing, renting e arrendamento de negocio
    • Compravenda a prazos, a proba, de praza a praza, sobre mostraxe
    • Compravenda de entidades mercantís
    • Contrato de depósito regular e irregular
    • Contratos publicitarios
    • Fianza, prenda e Hipoteca

 

  • Procesos xudiciais mercantís
    • Responsabilidade contractual e extracontractual
    • Responsabilidade de administradores
    • Responsabilidade profesional
    • Conflitos empresariais
    • Reclamación de débedas
    • Pólizas crediticias, garantías hipotecarias
    • Letras, cheques e obrigas de pagamento
    • Procesos monitorios e cambiario
    • Execución de títulos xudiciais e non xudiciais
    • Impugnación de acordos sociais

 

  • Procesos especiais
    • Defensa da competencia
    • Condicións xerais de contratación
    • Competencia desleal
    • Publicidade ilícita
    • Propiedade industrial e intelectual
    • Procedementos xudiciais comunitarios

 

  • Concurso de acredores: Reestruturacións e insolvencias
    • Representación de acredores e da empresa concursada:
      • Comunicación do crédito
      • Seguimento do seu recoñecemento
      • Incidentes relacionados co crédito
    • Instancia do proceso concursal:
      • Análise económico-xurídico preconcursal
      • Solicitude do concurso
      • Plans de viabilidade
      • Asesoramento na fase de liquidación
    • Exercicio do cargo de administrador concursal:
      • Actuación como letrado da administración concursal
      • Actuación como economista da administración concursal
      • Actuación como Administrador Único en procedementos abreviados

 

  • Dereito Bancario e seguros
    • Contratación bancaria
    • Entidades de crédito e establecementos financeiros de crédito
    • Garantías bancarias
    • Intervención das entidades de crédito no mercado de valores
    • Dereito de seguros
    • Actividade aseguradora
    • Dereitos do asegurador, do tomador do seguro e do asegurado
    • Seguros de danos
    • Seguros de persoas
    • Seguros específicos
    • Plans de pensións

 

  • Propiedade Industrial

    A propiedade industrial é un conxunto de dereitos exclusivos que protexen, tanto a actividade innovadora manifestada en novos produtos, novos procedementos ou novos deseños, como a actividade mercantil, mediante a identificación en exclusiva de produtos e servizos ofrecidos no mercado, onde se inclúen as seguintes materias:

    • Marcas e nomes comerciais: Solicitudes para a obtención de títulos, execucións de oposición fronte marcas incompatibles e asesoramento en contratos de cesión ou licenza.

    • Patentes e deseños industriais: Rexistro e seguimento específico para a protección dos activos das empresas fronte a intrusións de terceiros.

    • Dominios de Internet: Busca as solucións necesarias para resolver os conflitos con nomes de dominios na Rede: solución arbitral e xurisdicional de controversias, negociacións ou rexistros preventivos, entre outros.

    • Protección de segredos industriais: Consultoría en contratos e acordos de confidencialidade, segredos comerciais e de cesión ou transferencia de tecnoloxía, franquías.

    • Due diligence: Estudos preventivos para verificar o grao de protección de bens intanxibles, identificando a situación na que se encontran e propoñendo as medidas correctoras axeitadas.

 

  • Competencia

    Tanto as grandes corporacións coma as PEME requiren dunha axeitada prevención, protección e defensa que lles permita sobrevivir no mercado e defenderse de prezos de explotación ou prezos predatorios, entre outros moitos riscos, podendo encontrar en claim&loyaltySociety un asesoramento xurídico especializado nas seguintes materias:

    • Acordos comerciais: Análise da legalidade de pactos de distribución ou subministración.
    • Posición de dominio: Cando unha compañía goza de posición de dominio nun determinado mercado, calquera movemento pode danar a competencia. Un asesoramento especializado vólvese vital.

    • Competencia desleal: Determinadas actuacións desleais, pola súa entidade, poden danar a competencia no mercado: dúmping, dependencia económica ou explotación da reputación allea, por exemplo.

    • Defensa ante expedientes sancionadores: Asistencia xurídica en caso de apertura de expediente por parte da Comisión Nacional da Competencia ou dos órganos competentes das Comunidades  Autónomas