Actualidad

Manténgase informado

  • 14 mayo, 2015
  • claimloyaltysociety
  • Sin categoría
  • 1

Dereitos do consumidor na venda online

Ao obxecto de velar polos dereitos dos consumidores, toda vez que a contratación a distancia pode supoñer graves inconvenientes para estes dado que non teñen a posibilidade real de ver o ben ou de coñecer as características do servizo con anterioridade á celebración do contrato, a reforma do pasado ano aumenta o prazo mínimo para o exercicio do dereito de desistimento de 7 días a 14 días naturais, contados a partir dende a adquisición do ben ou a formalización do contrato de servizos, e sen ter que dar ningunha xustificación para o seu exercicio. Se o empresario non facilitou ao consumidor información sobre o dereito de desistimento, o período de desistimento finalizará doce meses (12 meses) despois da data de expiración do período de desistimento inicial, ou ben, expirará aos 14 días naturais da data en que o consumidor reciba a información durante ese prazo de doce meses. O empresario está obrigado a informar do procedemento a seguir e facilitar o documento de desistimento.

O consumidor encargarase dos custos da devolución, salvo nos supostos nos que se trate de artigos que, pola natureza destes, non poidan devolverse por correo. En caso de exercerse o dereito de desistimento, o vendedor estará obrigado a devolver as sumas aboadas de forma íntegra, e antes de transcorridos 14 días naturais dende a data en que fose informado da decisión de desistimento do contrato por parte do consumidor. Existe unha particularidade respecto aos contratos para a subministración de auga, gas, electricidade e calefacción mediante sistemas urbanos, posto que se o consumidor desexa que a prestación comece durante o prazo de desistimento, o empresario esixirá a este que presente unha solicitude expresa e, nese caso, deberá informar de que se exerce o seu dereito de desistimento terá que aboar un importe proporcional a parte prestada.

Advírtase que o exercicio do dereito de desistimento se exceptúa en varios casos -e iso sen prexuízo do previsto polas normas sectoriais (exemplo: servizos financeiros a distancia destinados aos consumidores)-, como son: a subministración de bens confeccionados conforme ás especificacións do consumidor ou claramente personalizados; os contratos de servizos unha vez o servizo foi completamente executado, ou iniciada a súa execución se o consumidor consentiu expresamente que unha vez executado perderá o seu dereito a desistir, etc.

O prazo de entrega dos bens nunha contratación online ou a distancia é de 30 días naturais a partir do día seguinte de realización do pedido. Se se incumpre o devandito prazo, ou o prazo adicional sinalado polo consumidor, este ten dereito a resolver o contrato e solicitar que se lle devolvan as cantidades efectivamente aboadas. No caso de que se trate dun atraso inxustificado na devolución das cantidades aboadas, o consumidor pode reclamar que se lle pague o dobre da suma debida sen prexuízo da indemnización de danos e prexuízos a que poida haber lugar.

Respecto á facturación, a Lei prohibe expresamente a aplicación de cargos pola utilización de medios de pagamento, salvo que tal cargo non supere o custo soportado polo vendedor polo uso de tal medio. O vendedor só poderá imputar ao consumidor o custo do servizo que a entidade titular do medio de pagamento cobre ao vendedor.

Pola súa banda, o consumidor ten dereito a recibir a factura en papel sen custo adicional. A expedición da factura electrónica estará condicionada a que o empresario solicitase previamente o consentimento expreso do consumidor, quen poderá revogalo posteriormente en calquera momento.

Entradas relacionadas:

 

ClaimLoyaltySociety 

1 Comment