Actualidad

Manténgase informado

  • 9 septiembre, 2014
  • david
  • Sin categoría
  • 0

claim&loyaltySociety estrea web

Coa finalidade de achegarse a cada persoa, empresa e institución, claim&loyaltySociety pon á súa disposición unha nova páxina web, na cal a firma xurídica ofrece e dá resposta aos novos retos e esixencias inherentes a un contexto socioeconómico en constante cambio, creando así unha canle de información continua, actualizado e que manterá os seus usuarios ao día respecto ás principais novidades xurídicas e doutrinais que acontecen no mundo do dereito.

claim&loyaltySociety, como firma que ofrece servizos xurídicos especializados adaptados ás necesidades de cada cliente, pon á súa disposición este novo espazo que está chamado a ser o punto de encontro entre as necesidades e esixencias de cada persoa e a excelencia xurídica, a especialización profesional, a innovación das instalacións, os métodos de xestión transversal do coñecemento e a concepción dunha avogacía como vocación artesanal, técnica e de excelencia xurídica que é, en suma, o que significa claim&loyaltySociety

Entre os aspectos máis destacables da nova web, pódense sinalar os seguintes:

– Landing Page

Facendo uso desta terminoloxía propia do márquetin dixital, na cal se fai referencia á «páxina de benvida», cando o usuario acceda á web de claim&loyaltySociety pode optar por acceder aos seus contidos dun modo convencional ou dunha forma intuitiva e adaptada a unha ás novas formas e dispositivos de navegación, facilitando ao usuario o acceso aos contidos a través dunha forma de estandarización baseada no interface Metro.

– Web dinámica

claim&loyaltySociety pon á súa disposición un ente vivo, que evoluciona na mesma medida que o fai a firma e o mundo do Dereito, creando un referente para o usuario tanto no que se refire á imaxe, localización e servizos da firma coma respecto á necesaria actualización constante que nos nosos días sofre todo o que rodea ao ámbito xurídico.

– Plug-ins sociais

importancia da que son acredoras as redes sociais nas novas canles de información é o motivo polo cal a nova Web de claim&loyaltySociety inclúe Plug-ins sociais en cada un dos seus post de actualidade e de noticias, ao obxecto de que se poida compartir o seu contido a través das redes sociais e facer que o seu contido chegue de forma inmediata os seus destinatarios finais.

– Adaptada a dispositivos móbiles

Os datos de acceso a internet mediante dispositivos móbiles poñen de manifesto a importancia de que as páxinas web non só sexan visibles dende os móbiles e tablets senón que estean adaptadas a estes, por esta razón a nova Web de claim&loyaltySociety conta coa súa versión web mobile, de modo tal que a páxina se estrutura de forma diferente en función do dispositivo dende o que se acceda ao obxecto de facilitar ao usuario o acceso e navegación na web.

– Usabilidade

Encontrar a información que se busca, que as buscas internas leven ao lugar esperado, que as imaxes sexan acordes ao contexto ou a comodidade de acceder aos diferentes apartados son parte importante no deseño da Web de claim&loyaltySociety e todo iso baixo a premisa de que é necesario que os clientes e usuarios encontren o que buscan e o fagan da mellor forma.

Estas son só algunhas das novidades que se poden ver en canto ao desenvolvemento da nova Web de claim&loyaltySociety, e sempre tendo en conta que o que move á firma é o seu compromiso co cliente.

foto post

 

Comments are closed.